O IES Rafael Dieste celebrou a súa gran festa do galego: o 3ª festival Aquí tamén se fala

luns, 15 de xuño do 2026 S. P.

O pasado venres 12 de xuño celebrouse o 3º festival Aquí tamén se fala, enmarcado na campaña de dinamización da lingua posta en marcha pola mocidade do instituto coruñés Rafael Dieste (co apoio de entidades como a Secretaría Xeral da Lingua e o Concello da Coruña).
A cita desenvolveuse na praza do Tolerancia e contou coa presenza da portuguesa Carolina Deslandes, un fenómeno musical na súa terra de orixe e en boa parte da comunidade en liña, onde conta con máis dun millón de seareiros nas redes sociais.
Tamén estiveron o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen celebrou que “a música tamén sexa un gran medio para fomentar a presenza do galego, sobre todo entre as xeracións máis novas”. Salientou tamén o importante recoñecemento recibido polo festival, que foi distinguido co Premio da Cultura Galega o ano pasado polo “compromiso da xuventude coa nosa lingua e a implicación do alumnado”.
O programa musical completouse coas formacións galegas De Ninghures, Apolo 18 ou Kid Mount.
O festival foi coordinado por Alberto Pombo, Ramón Barreiro e Arcadio González.
A festa tivo lugar na praza da Tolerancia coas actuacións da banda internacional Carolina Deslandes, artista portuguesa con máis dun millón de seguidores nas redes sociais, e cos galegos De Ninghures, Kid Mount e Apolo 18.
Cómpre lembrar que baixo o paraugas desta iniciativa, que se estende 300 centros da Comunidade, realízanse outras accións de fomento do idioma como entrevistas ou campañas nas redes sociais que contan coa participación de persoeiros galegos e internacionais e entidades que animan á xuventude a usar a lingua. Así mesmo, trátase dunha proposta que se une a outras que tamén involucran o estudantado como 21 días co galego e +, Falamos + ou Nós tamén creamos.
Sobre Aquí tamén se fala
Baixo o paraugas desta iniciativa, que se estende a 300 centros, realízanse outras accións de fomento do idioma como entrevistas ou campañas nas redes sociais que contan coa participación de persoeiros galegos e internacionais e entidades que animan á xuventude a usar a lingua.
Así mesmo, trátase dunha proposta que se une a outras que tamén involucran o estudantado como 21 días co galego e +, Falamos + ou Nós tamén creamos, materializadas pola Secretaría da Lingua. A iniciativa #aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata de cada alumno: un proxecto que comezou no IES Rafael Dieste da cidade da Coruña para logo estenderse por centros de todo o país, en boa medida a través das redes sociais (Instagram, Youtube, Spotify e Tiktok). Trátase dunha iniciativa que pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas RRSS.
Aquí tamén se fala contou nas redes sociais co apoio inicial de representantes da cultura como Viggo Mortensen, James Rhodes ou Tanxugueiras.